«Emprego 30 días» contribúe á empregabilidade dos galegos

• A través do programa, virtual e gratuíto , ofreceranse aos interesados retos diarios de 15 minutos para mellorar a selección en procesos de emprego, redactar C.V. ou enfrontar as entrevistas

Eva Porto, Psicóloga especializada en RRHH. Foto GPXG..

A Xunta colaborará coa experta galega en Recursos Humanos e influencer Eva Porto, na posta en marcha do «Emprego 30 días» co propósito de contribuír á empregabilidade dosgalegos con retos diarios de 15 minutos durante un mes nos que se abordarán as ferramentas imprescindibles para mellorar as oportunidades laborais.
O programa desenvolverase en liña, e será gratuíto para todas as persoas interesadas, que poden inscribirse xa a través do enderezo https://evaporto.com/reto-emprego-30/.
Entre outras temáticas, os retos tratarán como mellorar o currículum vitae, as entrevistas de traballo, o uso de redes como LinkedIn, portais de emprego, formación… O programa incluirá ademais servizo de orientación laboral para as persoas participantes e formará sobre chaves do éxito na busca de emprego, coma estratexias de autorregulación (control emocional, afrontamento activo) ou resistencia perante a adversidade. Eva Porto traballa en relación directa co público, e con gran impacto nas redes sociais, sendo a influencer de busca de emprego con maior número de seguidores na actualidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Quen coida ás coidadoras de persoas dependentes ou con discapacidade?

Seguinte Nova

A Xunta destina 26 millóns de Euros a dúas liñas de axudas dirixidas a particulares para a rehabilitación de vivendas

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

O prezo do leite

• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de

Crise

• Os prezos da gasolina, o gas e a electricidade disparados, a inflación próxima ao 10%,

A %d blogueros les gusta esto: