Laura Álvarez e Daniel Areán medalla de bronce no Mundial de Corea

Imaxe de Laura Álvarez e Daniel Areán, coa medalla de bronce obtida no Mundial de Corea, xunto co seu adestrador Jose María Vega. Foto NEKA.

O camiño ata Corea foi longo e custoso para os deportistas do Neka de Monforte, per sen dúbida, todo o esforzo valeu a pena porque os pupilos de José María Vega non só adquiriron unha experiencia deportiva e persoal que non esquecerán, senón que ademais no meramente competitivo, lograron un gran éxito, personificado na parella formada por Laura Álvarez e Daniel Areán, que se alzaron coa medalla de bronce tras unha excelente competición, sendo só superados polas parellas de Taipei e Filipinas, medallas de ouro e prata respectivamente.
Con esta medalla contribuíron a que España conseguise o cuarto posto no medalleiro con trees medallas de ouro, unha de prata e catro de bronce. O primeiro posto foi para Corea de forma destacada, con 20 medallas de ouro, seguida de Taipei e EEUU.
En canto á participación do resto de deportistas do Neka, hai que destacar o sexto lugar alcanzado por Lucía Roca e Aitor Teijeiro, e o noveno do trío formado por Yaiza Veo, Karla Novo e Margarita Moura. Pola súa banda Carlos Rey e Alex Camba non puideron pasar á seguinte fase na competición de trío na que participaron, ademais doutro sexto posto en trio para Laura Álvarez e Daniel Areán.
Os compoñentes da expedición foron recibidos por numeroso público na Estación de Ferrocarril de Monforte, onde foron recibidos como heroes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP critica ao Concello de Monforte no caso da herdanza FOGGIA

Seguinte Nova

O Val de Lemos, campión provincial infantil masculino

Últimas noticias sobre DEPORTES

Intratábel a SD Sarriana

Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban como un dos favoritos ao ascenso.
Ir aInicio

Don't Miss