Nova sentenza favorable ao Concello de Monforte, esta vez en relación co concurso do Centro do Viño

Os Xulgados do Social de Lugo veñen de dictar dúas sentencias relativas ás demandas que os antigos traballadores da empresa Rutas Sacras Nomar UTE, anterior concesionaria do contrato de servizos turísticos do Concello de Monforte, interpuxeroon contra a actual concesionaria do servizo. Na sentenza 171/2022 do Xulgado do Social nº 1 e na 178/2022 do Xulgado do Social nº 4 de Lugo, condénase á Rutas Sacras Nomar UTE a que opte ou ben en readmitir ós seus traballadores, ou ben a indemnizalos pola extinción da súa relación laboral, que foi improcedente. Estas sentencias eximen tanto ó Concello como á actual empresa concesionaria dos servizos turísticos de subrogar ós empregados da anterior concesionaria. O Alcalde José Tomé declarou que “o Concello de Monforte, volve a ter razón con respecto ó que expliquei o pasado mes de xullo de 2021, en relación as graves declaracións que efectuou o xerente de Rutas Sacras, o sr. Mareque, as cales veñen de ser desmontadas a través destas sentencias, que lle dan á razón ó Concello”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A tempada de caza estenderase do 16 de outubro deste ano ao 6 de xaneiro de 2023

Seguinte Nova

O Centro de Maiores de Ribas de Sil estará aberto antes de fin de ano

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: