O BNG reclama á Xunta medidas para reactivar o regadío do Val de Lemos

• Consideran co Val do Lemos ten unhas condicións climáticas e edafolóxicas axeitadas para o cultivo de cereais

O BNG propón revitalizar o regadío do Val do Lemos e aproveitar as condicións da zona para a produción de cereais. A formación nacionalista levou ao pleno provincial unha moción que foi aprobada cos votos a favor do propio BNG e o PSdeG na que demanda á Xunta de Galicia a elaboración dun Plan de Recuperación de zonas con aptitude cerealista na que o Val do Lemos teña un peso fundamental.
Na iniciativa, o BNG sinala que o Val do Lemos ten unhas condicións climáticas e edafolóxicas axeitadas para o cultivo de cereais, que urxe poñer en valor nun contexto como o actual, cos prezos destas materias primas disparados, tras unha tendencia á alza que se agravou coa guerra na Ucraína e que está afectando gravemente á rendabilidade das gandeirías.
A deputada nacionalista e responsable de Medio Rural no goberno provincial, Mónica Freire, sinala que “a situación de dependencia e de colapso da gandaría de leite e en maior medida da porcina e avícola esixe tomar medidas estruturais. É o momento de recuperar o tempo perdido e recuperar a superficie agrogandeira e os cultivos cerealistas para garantir o abastecemento e camiñar cara a soberanía alimentaria”.
“Necesitamos unha Consellería de Medio Rural activa e responsable que transforme esta situación de ameza en oportunidade e que elabore un Plan de Recuperación de zonas con gran aptitude cerealista”, incidiu a deputada nacionalista.
A zona de regadío do Val do Lemos -nos concellos de Monforte, Sober, Ferreira de Pantón, A Pobra do Brollón e Bóveda- conta cunhas 2.000 hectáreas de superficie con aptitudes agronómica. Porén, o deterioro da rede de acequias, sen un mantemento axeitado, e as altas taxas levaron a unha moi baixa utilización do regadío. Fronte ao abandono, o BNG propón medidas para a reactivar a zona e convertela nunha área estratéxica para a produción de materias primas para o sector gandeiro e incluso hortofrutícola,
No marco do Plan de Recuperación de zonas cerealistas, o BNG reclama á Xunta de Galicia que inicie os procesos de concentración parcelaria urxentes nas zonas propostas na zona de delimitación do Val de Lemos e finalice aqueles que se atopan inconclusos, que revise e actualize a delimitación dos perímetros urbanos da zona do Val de Lemos e acometa as obras de modernización e actualización das infraestruturas do regadío para a posta en valor da produción cerealista primaria. Ademais, demanda á Confederación Hidrográfica que leve a termo as conclusións do proxecto piloto de “Mobilización de Terras no Val de Lemos” (Bóveda) e que solucione o problema recorrente das taxas pola auga de regadío coa Confederación Miño-Sil.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte presenta a oitava edición do Fancine de Lemos

Seguinte Nova

O PP critica ao Concello de Monforte no caso da herdanza FOGGIA

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss