• Logo da aprobación, por unanimidade, no pleno da Deputación, do convenio co Concello de Ribas de Si
O Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade s o convenio específico do Centro de Atención a Maiores de Ribas de Sil. Este era o último trámite interadministrativo entre o Concello e a Deputación que estaba pendente para poder levar a cabo á apertura da residencia, que se prevé que sexa este ano, e será asinado polo Presidente da institucional provincial e o Alcalde da localidade Miguel Angel Sotuela. quen destacou esta aprobación, “por unanimidade, no pleno da Deputación, do convenio con Ribas de Sil para a apertura da tan ansiada residencia para o noso Concello. Despois puidemos manter unha reunión con técnicos do ente provincial, que nos fan afirmar que antes de que remate o ano contaremos coa residencia aberta e funcionando, cos primeiros usuarios”.
Este convenio, destacan dende o organismo provincial, dá mostra de que a Deputación avanza e cumpre co compromiso que ten adquirido cos Concellos en materia de residencias, e coas partidas destinadas á apertura de novas residencias cando aprobou os Orzamentos 2022. Con este convenio específico establécese a prioridade de acceso ás prazas no centro para os veciños e veciñas de Ribas de Sil; en segundo termo para os dos municipios limítrofes ou da comarca; e despois, para os veciños da provincia en xeral.
O convenio recolle que a Deputación se compromete a efectuar o financiamento previsto, a actuar como órgano de contratación e a impulsar un equipo técnico especializado no ámbito dos servizos sociais. E pola súa banda, o Concello comprométese a colaborar coa institución provincial e a facer as achegas económicas previstas.
Así mesmo, o documento inclúe o orzamento de máis de 2,8 millóns de euros para as vindeiras catro anualidades para o funcionamento da residencia.
NOVE RESIDENICAS ABERTAS
Dende a Deputación destacan o seu compromiso cos concellos en materia de residencias é que, só no que vai de mandato, abriu catro novos centros de maiores, na Fonsagrada, Castroverde, Pedrafita do Cebreiro e Meira, que se suman aos tres que xa estaban en marcha, en Trabada, Ribadeo e Pol. Ademais, neste ano a institución ten previsto abrir as residencias de Ribas de Sil e Navia de Suarna, co que a finais deste mandato, serán un total de 9 os centros de maiores da rede pública da Deputación en funcionamento. Así mesmo, continúa traballando no resto de proxectos, como os da Pontenova, Portomarín, Guitiriz, Becerreá, A Pobra do Brollón, Ourol, Cervantes, Folgoso do Courel e Ferreira de Pantón.•