O rei Felipe VI visita Sarria

• Numeroso público achegouse á contorna do cuartel da Garda Civil de Sarria para saudar ao monarca na súa primeira visita á localidade

O Rey Felipe VI, visitou Sarria o pasado martes día 26 de abril, na que foi a súa primeira presenza como Xefe de Estado na provincia de Lugo. E fíxoo para render visita ao Cuartel da Garda Civil de Sarria, para coñecer as capacidades que a Garda Civil dedica a garantir a protección e a seguridade pública ao longo do Camiño de Santiago, coincidindo coa prórroga do Ano Santo Xacobeo de 2021.
O Rey, á súa chegada ao Posto de Sarria, foi recibido polo ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska Gómez, e recibiu o saúdo da directora xeral da Garda Civil, María Gámez Gámez, do director adxunto operativo da Garda Civil, Pablo Salgas Moreno, e do xefe da Comandancia de Lugo, Miguel Ángel González Arias.
O acto tamén contou coa presenza de numerosas autoridades locais, entre elas o alcalde de Sarria Claudio Garrido, o presidente da Deputación José Tomé ou o vicepresidente primeiro dá Xunta, Alfonso Rueda. Tras o recibimento con Honras, o Rey recibiu o saúdo de autoridades civís e unha comisión de persoal da Garda Civil, seguidamente, tivo lugar unha presentación por parte da directora da Garda Civil sobre “A Garda Civil no Camiño de Santiago. Estado da arte dos proxectos da Garda Civil en 2022”.
A continuación, proxectouse un vídeo de presentación da Garda Civil no Camiño de Santiago.
Don Felipe continuou a visita no interior percorrendo as dependencias oficiais da Oficina de Atención ao Cidadán; o Cuarto de portas; a Oficina do equipo de Violencia de Xénero; o Despacho do Comandante de Posto; a Oficina do posto; e a Oficina do Equipo Territorial de Policía Xudicial, e asinou no Libro de Honra.
Tamén, no exterior, o Rey visitou unha exposición estática dos diferentes medios dos que dispón a Comandancia de Lugo.
Para concluír, Don Felipe mantivo un encontro co persoal da Comandancia. Os 16 compoñentes do posto principal da Garda Civil en Sarria encárganse de garantir a seguridade do municipio cunha poboación de máis de 14.000 persoas e unha extensión territorial de 330,71 quilómetros cadrados. Este posto pertence á Compañía de Lemos, que conta con doce postos ordinarios e 2 postos auxiliares.

EMOTIVO RECIBIMENTO
O Rey Felipe VI que chegou a Sarria nun helicóptero que aterrou no campo de fútbol da Ribela sobre as 11 da o mañá, foi acollido por numerosos veciños,

moitos deles nenos que se achegaron entusiasmados para ver de primeira man ao monarca, que ataviado con traxe militar, mostrouse moi próximo e accesible, sobre todo cos máis pequenos.
Trátase da primeira visita real ao concello de Sarria dende que hai 110 anos, cando os bisavós do actual Rei, Alfonso XIII e Victoria Eugenia, asistiron a unha misa no convento da Merced.

O BNG NON PARTICIPA NA VISITA DO REY
O voceiro do grupo provincial do BNG e concelleiro en Sarria, Efrén Castro, ratificou a postura da formación nacionalista en relación coa monarquía, ante a visita de Felipe de Borbón a Sarria.
O deputado nacionalista sinalou que “a monarquía é unha institución caduca, antidemocrática e herdeira dun réxime fascista, vinculada nos últimos tempos á corrupción e que, ademais, pretende facer de factor político branqueando partidos fascistas coma Vox e excluíndo das súas relacións partidos coma o BNG. Polo tanto, nada nos aporta esta visita, e o único que temos que tender é a avanzar cara a unha república”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Últimos días de prazo para solicitar axudas á reestruturación e reconversión dos viñedos

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra tivo un 86% de ocupación na Semana Santa

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: