O sistema educativo galego aposta polas competencias dixitais como a robótica ou a intelixencia artificial

• A Xunta creará 220 polos creativos en centros educativos galegos co fin de que os nenos accedan desde idades temperás a aspectos que forman parte da nosa realidade e que son imprescindibles para calquera profesión do futuro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participa na O Presidente da Alberto Núñez Feijoo durante a Xornada de exhibición dos Polos creativos. Fotos GPXG.

•O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou un investimento de 8 millóns de euros para a creación de 220 Polos creativos en centros educativos galegos e impulsar as competencias dixitais como a robótica, a intelixencia artificial, a realidade virtual ou a impresión 3D.
Durante a Xornada de exhibición dos Polos creativos, Feijóo precisou que estes espazos estarán situados nos propios colexios e institutos, que exercerán como epicentros da innovación educativa co fin de que, a través de diferentes proxectos, os nenos accedan desde idades temperás a aspectos que forman parte da nosa realidade e que son imprescindibles para calquera profesión do futuro. “Estamos a falar de espazos abertos ás comunidades locais, no que haberá actividades que impliquen ao alumnado, profesorado, familias e ao conxunto da cidadanía da contorna”, abundou, avanzando que mañá mesmo sairá publicada a orde para que os centros poidan solicitar o seu propio polo.
Nesta liña, resaltou que á hora de seleccionar os centros, a Administración autonómica terá en conta a innovación didáctica e a calidade e viabilidade do proxecto, é dicir, que inclúa a presenza de profesorado de diferentes disciplinas e que fomente a participación da comunidade educativa, con actividades abertas á cidadanía. “E unha vez seleccionados, dotaráselles do mobiliario e do material preciso, tanto audiovisual como de electrónica e robótica, tecnolóxico ou de informática”, explicou.
Ao longo da súa intervención, Feijóo destacou que os proxectos presentados nesta xornada son a proba do traballo realizado polos centros educativos nos últimos anos; así como do enorme talento, creatividade e capacidade de innovación do alumnado e do profesorado.
Non en van, estes novos polos enmárcanse noutras iniciativas en marcha como o Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que, cun investimento de máis de 190 millóns de euros, ten como obxectivo adaptar os centros escolares ás novas realidades educativas e tecnolóxicas. E a Estratexia de Educación Dixital 2030 que, cun orzamento de 120 millóns de euros para os tres primeiros anos, conta con accións para desenvolver un ecosistema educativo dixital de alto rendemento e perfeccionamento das competencias.
Logo de lembrar tamén que, na actualidade, un total de 55.000 alumnos de 547 centros educativos galegos xa usan na clase o libro dixital, grazas ao programa E-Dixital, o presidente da Xunta de Galicia concluíu felicitando á comunidade educativa galega polos fitos acadados nos últimos anos. Así subliñou que Galicia logrou reducir o abandono escolar na última década ata acadar un mínimo histórico -pasando do 25,8% no 2009 ao 8,1% en 2021-. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Únete ao reto

Seguinte Nova

Día da Transrománica

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

Ir aInicio

Don't Miss