O equipo infantil masculino do Val de Lemos vén de proclamarse campión provincial logo de derrotar no partido de volta ao Academia Proxecto Depordima por un contundente 59-33, nun Pavillón do IES Río Cabe con moito público que se convirtiu nunha auténtica festa. Todo un hito do baloncesto monfortino que agora ten o premio de pelexar por unha praza na liga galega infantil. Os rivais dos monfortinos serán Compañía de María de Santiago, Apostol Azul de Vigo e GroveAl Aluminio e PVC – Ou Meco, contra os que terá que enfrontarse nunha liguiña a 6 partidos. A primeira xornada será o 8 de maio en Santiago contra Compañía de María. Parabén e a seguir soñando.•
Últimas noticias sobre DEPORTES
O Gran Camiño, unha competición ciclista de prestixio, terá a súa segunda etapa en Chantada o
A saltadora monfortina Saleta Fernández volvía á competición internacional, desprazándose á capital de Casaquistán, para participar
A iniciativa da Xunta vai dirixida a participantes que teñan licenza federada ou formen parte do