• Albores Saúde Mental, promove un ciclo de obradoiros de autocoidado
Albores Saúde Mental, promove un ciclo de obradoiros de autocoidado dirixidos a coidadoras de persoas dependentes ou con discapacidade, coa intención de mellorar a súa saúde mental e a calidade de vida.
As persoas dependentes, con discapacidade e/ou enfermas a miúdo necesitan da atención diaria ininterrompida. Albroes Saude Mental observa que a día de hoxe aínda segue a ser habitual que este tipo de responsabilidades sexan asumidas polas mulleres, o que produce un deterioro da saúde física e mental. Aínda non demos o paso a que o resto da familia tome conciencia de que a sobrecarga e a atención a tempo completo socavan o dereito á igualdade e á saúde, e tome a iniciativa asumindo a súa parte de responsabilidade nos coidados.
Grazas ao programa Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, Fundación Mujeres impartirá un ciclo de 4 sesións (un á semana) dirixidos ás mulleres coidadoras. Os contidos serán os seguintes: habilidades de comunicación para poñer límites, estratexias para a resolución de conflitos e claves para identificar a “culpa” e xestionala de forma saudable
As sesións terán carácter gratuíto, levaranse a cabo en Monforte todos os xoves, dende o 12 de maio ata o 2 de xuño de 10:30 a 12:30 horas.
O programa desenvólvese nas instalacións do Club Xuvenil “A Casa do Neno”, situado na Rúa Cobas, cedidas para esta actividade por Diego Rosales Galiñanes.
Para inscribirse, todas aquelas interesadas poden contactar dende agora no 982404968 ou en albores@albores.org .•