Últimos días de prazo para solicitar axudas á reestruturación e reconversión dos viñedos

• O obxectivo é aumentar a competitividade dos viticultores mediante unha redución de custos e unha mellora dos sistemas de produción

Fomentase a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas. Foto GPXG.

A Xunta mantén aberto -deica o vindeiro luns 2 maio- o prazo para solicitar as axudas deste ano á reestruturación e reconversión da viña en Galicia. Contan cun orzamento de 3 millóns de euros para os exercicios de 2022, 2023 e 2024.

COMPETITIVIDADE
O obxecto desta liña de achegas é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo. Así, preténdese diminuír os custos das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Tamén se fomenta a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando así a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado.

PROFESIONALIZACIÓN
Deste xeito, a través destas achegas aumenta o grao de profesionalización do sector vitícola galego, ao tempo que se potencia a remuda xeracional e un desenvolvemento rural socialmente viable facilitando o acceso ás explotacións de persoas viticultoras mozas e capacitadas, en particular dun colectivo cada días máis presente, as mulleres viticultoras de Galicia.

BENEFICIARIOS
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación, cunha superficie máxima subvencionable de 10 hectáreas por persoa viticultora e ano. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de reimplantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas.

ANTICIPOS
Cada viticultor deberá seleccionar o seu propio calendario de execución, escollendo entre anual ou bienal. Os beneficiarios poderán solicitar anticipos de ata un 80% da axuda aprobada, no caso de que precisen efectuar pagamentos inmediatos, sempre e cando constitúan unha garantía por un importe cando menos igual ao do pago anticipado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xornadas de Portas Abertas os dias 6 e 7 de maio no Museo do Ferrocarril de Galicia

Seguinte Nova

O rei Felipe VI visita Sarria

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: