Únete ao reto

• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante en Chantada e Sarria

A campaña de reciclaxe Únete ao reto segue promovendo accións de sensibilización entre a cidadanía galega, como a recente instalación de cadanseu contedor amarelo xigante en Chantada e Sarria, dous dos municipios da provincia de Lugo que participan este ano na iniciativa impulsada conxuntamente pola Xunta e Ecoembes.
Con estes elementos, construídos en madeira reciclada e cunhas dimensións de 2,5 metros de ancho por 4,5 metros de altura, búscase chamar a atención da veciñanza e animala a contribuír a que o seu concello logre aumentar nun 10% a recollida de envases de plástico, latas e briks, obxectivo principal desta terceira edición de Únete ao reto. Para logralo, computaranse os residuos que se depositen nos contedores amarelos dos 13 municipios participantes en toda Galicia desde o inicio da campaña, o pasado 1 de marzo, ata o vindeiro 31 de maio. O obxectivo é que a cantidade recuperada supere como mínimo nun 10% as cifras depositadas neste mesmo período o ano pasado, que foi de 1.700 toneladas. Ademais da contribución ao coidado do medio ambiente e ao fomento da economía circular inherentes á reciclaxe destes residuos, cómpre lembrar que todos os concellos que superen o reto recibirán como recompensa unha achega de 2.000 euros para doar á causa social da súa elección. Para iso, durante os tres meses da campaña desenvolveranse diferentes actividades de grande impacto e poder de comunicación. Así, ademais da instalación dos 13 contedores xigantes en lugares céntricos e visibles para que teñan o maior impacto posible entre a cidadanía, estanse a facer visitas periódicas aos concellos participantes para instalar vinilos nos comercios e na hostalaría local e falar cos veciños, informando da importancia e dos beneficios de facer un correcto uso do contedor amarelo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O prezo do leite

Seguinte Nova

O sistema educativo galego aposta polas competencias dixitais como a robótica ou a intelixencia artificial

A %d blogueros les gusta esto: