Xornadas de Portas Abertas os dias 6 e 7 de maio no Museo do Ferrocarril de Galicia

• Celebrarase por primeira vez en España, un concurso de radio en Onda Curta, banda de 40 metros, que se radiará desde un vagón ferroviario

Sala de radio instalada nun coche ferroviario do Muferga desde onde se realizará o concurso . MUFERGA..

O Museo do Ferrocarril de Galicia programa unhas Xornadas de Portas Abertas, de 11,00 a 14,00, os dias 6 e 7 de maio.
Unha das activiadades máis destacadas, ademais da visita á rotonda «Patrimonio Industrial Europeo» e a circulación dos trens infantís tripulados de 5 polgadas, será a celebración, por primeira vez en España, un concurso de radio en Onda Curta, banda de 40 metros, que se radiará desde un coche ferroviario do Museo do Ferrocarril de Galicia os días 7 e 8 de maio, (sábado e domingo).
Este concurso poñerase en antena desde as 10,00 da mañá ata 14,00 horas do sábado 7 e domingo 8 na banda de 40 metros con propagación para a España Insular e Peninsular así como para as cidades de Ceuta e Melilla. O indicativo especial de chamada será «EH 1 MFG» (Museo Ferrocarril de Galicia), dirixido e coordinado por Agrupación de Radioaficionados de HF do Valle de Lemos. Trátase de difundir por este medio o labor do Museo do Ferrocarril de Galicia situado en Monforte de Lemos no que se refire á posta en valor do Patrimonio Industrial Ferroviario de Galicia . Os participantes recibirán unha tarxeta QSL dixital da rotonda do Muferga. Ao primeiro clasificado enviaráselle un trofeo relacionado co mundo do ferrocarril.
Para os máis pequenos poñeranse en marcha os trens infantís tripulados de 5 polgadas. Eses mesmos días tamén circulará gratis o tren á rotonda edificio destacado do Patrimonio Industrial Europeo. Farao ás 12,30 e 17,30 horas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

BNG e PP sacan adiante unha moción na Deputación de Lugo contra o recorte dos servizos de transporte público estatal

Seguinte Nova

Últimos días de prazo para solicitar axudas á reestruturación e reconversión dos viñedos

A %d blogueros les gusta esto: