A Deputación remata as obras de mellora en 3,5 quilómetros da estrada entre Monforte e Currelos

• O organismo provincial investiu máis de 133.000 euros nestes traballos, realizados pola empresa Fevisa

A Deputación de Lugo vén de acometer o arranxo dun total de 3,5 quilómetros da estrada LU-P-3202 do punto quilométrico 6,9 ao 10,4, que comunica Monforte de Lemos co núcleo de Currelos, no municipio do Saviñao. Como lembrou o presidente do organismo provincial, José Tomé Roca, na visita a este vial para supervisar os traballos, o proxecto global para esta importante vía de comunicación supuxo un investimento de máis de 600.000 euros.
PROXECTO DE
MELLORA EN
TRES FASES
O organismo provincial destinou 133.100 euros para acondicionar un treito de 3,5 quilómetros. Unha actuación que completa o arranxo da vía que se levou a cabo dende o punto quilométrico 2,6 ata o 6,9, cun orzamento total de preto de 240.000 euros.
RENOVACIÓN
COMPLETA DO VIAL
O último proxecto, aínda en marcha, que acomete a empresa Fevisa Vías e Obras, inclúe a limpeza de cunetas nos 24 quilómetros de vía, coa retirada da vexetación localizada e a reapertura das gabias. Esta operación permite mellorar a visibilidade, reducir o risco de incendios forestais, e facilitar a eliminación das augas pluviais en caso de chuvia. Tamén se levan a cabo os labores de acondicionamento do firme propiamente dito, mediante a aplicación dunha capa de mestura bituminosa en quente. Coa maquinaria precisa, a nova superficie quedou asentada e equilibrada para garantir unha boa adherencia en circulación e evitar riscos para os vehículos.
Os traballos completaranse co pintado, con pintura branca reflectante, dos correspondentes sinais horizontais e verticais.
MELLORA PARA UNHA ESTRADA MÁIS SEGURA E RENOVADA
Durante a súa visita para supervisar as obras, o presidente da Deputación, José Tomé Roca, destacou a importancia deste tipo de investimentos, xa que as obras acometidas na LU-P-3202 terán «unha importante repercusión na mellora da seguridade viaria e na comodidade dos condutores». Tomé Roca argumentou que esta é «unha ruta moi utilizada por veciños e veciñas tanto de Monforte de Lemos como do Saviñao».
O titular da Deputación lembrou tamén que as melloras na rede viaria provincial son «unha das liñas de actuación prioritarias deste Goberno, á que dedicamos este ano 17,3 millóns de euros». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Vari Caramés

Seguinte Nova

Monforte e San Fiz do Asma en Chantada, celebraron as súas Festas de San Antonio

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio