A xunta valora e recoñece o labor dos catadores das catas de viños, augardentes e licores tradicionais

• O conselleiro do Medio Rural, José González, entregou diplomas a unha vintena de catadores encargados de probar e cualificar máis de 400 mostras de viños, augardentes e licores de herbas e café

Foto GPXG.

O conselleiro do Medio Rural, José González, entregou a pasada semana os diplomas aos catadores participantes na última edición das Catas dos viños, augardentes e licores tradicionais de Galicia. En concreto, celebráronse a XXXIV Cata dos Viños, a XXIV Cata das Augardentes, a XI Cata dos Licores Tradicionais.
Un grupo conformado por unha vintena de expertos catadores de diferentes ámbitos (asociacións, centros tecnolóxicos e científicos do sector vitivinícola, adegas e viñotecas), xunto con xornalistas especializados, foron encargados de cualificar os viños e as augardentes e licores nunha cata a cegas da que sairán os gañadores do concurso.
Ademais, o xurado encargado da supervisión de todo o proceso da cata estivo integrado por un secretario, membro do persoal da Área de Calidade Alimentaria da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e como vogais participaron representantes dos consellos reguladores e membros do Departamento de Promoción da Calidade Alimentaria da devandita axencia.
A cata comezou o luns día 6 coas precatas e catas finais das augardentes e licores tradicionais. O martes e o mércores fíxose o propio cos viños, mentres que o día 10 celebráronse as catas finais nas que se decidiron os vencedores. Este evento é organizado anualmente pola Consellería de Medio Rural e polos consellos reguladores coa fin de promocionar, identificar e premiar os mellores viños, augardentes e licores elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas. Estes produtos están dotados dun carácter único e dunha personalidade que é recoñecible dentro e fóra da nosa comunidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte ponse guapa cando chega o verán

Seguinte Nova

Presenza galega na London Wine Fair 2022

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss