Monforte acollera este domingo 19 de xuño a derradeira proba da Copa Galicia Master, que chega con todo aínda por decidir. Esta proba, organizada polo Club Ciclista Chantadino, foi presentada polo Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, xa que o Concello de Monforte é un dos patrocinadores da proba. No acto, estivo acompañado por membros da organización, o Club Ciclista Chantadino, da Federación Galega de Ciclismo, de Moto Vuelta e das forzas e corpos de seguridade do estado que participan no desenvolvemento deste evento deportivo, tanto a Garda Civil, como a Policía Municipal monfortina.
O Alcalde destaca que “eventos deportivos coma este supoñen unha importante promoción tanto para o noso concello como para a Ribeira Sacra, neste cabo cunha proba ciclista que reunirá a 200 corredores e que agardamos sexa todo un éxito”.
Así, este domingo 19 de xuño Monforte acollerá a saída e chegada do “Gran Premio Master Ribeira Sacra” de cilismo que reunirá en Monforte en torno a 200 ciclistas.
A saída, que será neutralizada, terá lugar ás 11:00 h. dende San Vicente para posteriormente dirixirse a Bóveda, Rubián, Pobra do Brollón e Sober dende onde se dirixirán novamente a Monforte entrando pola N-120A.
Xa no Concello monfortino, os ciclistas continuarán pola rúa Bo Casar, Ronda Mª Emilia Casas Baamonde, rúa San Pedro, rúa Leopoldo Calvo Sotelo e rúa Lagares ó final da cal os ciclistas encararán a subida a San Vicente, onde estará situada a meta, estimándose a hora da chegada en torno ás 12:50 h.
Últimas noticias sobre DEPORTES
Aínda que o equipo de Fafián chegou con vantaxe de once puntos ao último cuarto, o
Estase a desenvolver en Hong Kong o Mundial de taekwondo de técnica e freestyle, cunha abundante
As Escolas Deportivas Municipais de Chantada celebran nesta tempada 2024-2025 o seu 30 aniversario, e durante
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou a designación do campo do Club de Golf
Magnífica a tempada a da SD Sarriana, que está a cumprir cos prognósticos que os daban