Monforte e San Fiz do Asma en Chantada, celebraron as súas Festas de San Antonio

• Paseniñamente vanse recuperando as actividades festivas que se desenvolvían con normalidade antes da pandemia

Pouco a pouco, o Sur de Lugo vai recuperando as súas actividades festivas, logo de dous anos interrumpidas pola pandemia. E unha das máis tradicionais é a celebración do San Antonio, tanto nos barrios do Campo, Ramberde e Abeledos en Monforte, como na parroquia de San Fiz do Asma en Chantada, que veñen de celebrarse con moito éxito e afluencia de xente, porque vese que hai moitas ganas de troula. E non faltaron as tradicionais ofrendas e procesións, os gaiteiros, e as bombas de palenque. Coinciden ambas festas no protagonismo dos cruceiros. Nas festas de San Fiz do Asma, o 13 de xuño, foi un día moi significativo para a parroquia, onde o santo saiu a ombros dos seus veciños ata o cruceiro que precede o templo. Trala misa, no Campo de Portas, tivo lugar a poxa dalgunhas partes do porco, principalmente os miúdos (linguas, unllas etc.) e algún lacón para recadar cartos para a festa. No San Antonio monfortino tamén houbo procesión e subasta, neste caso das roscas de anís, previamente bendecidas na praza de Santa Clara. En Monforte as festas duraron catro días, ao ser festivo local o día 13 e viuse moita animación nas verbenas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación remata as obras de mellora en 3,5 quilómetros da estrada entre Monforte e Currelos

Seguinte Nova

A construción da nova Comisaría da Policía de Monforte xa ten licencia

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss