Monforte xa ten praia fluvial

Houbo un tempo, non tan afastado, en que aínda que vostedes non o crean, o Club Fluvial de Monforte era a referencia como club social e deportivo, con cifras de socios e abonados hoxe totalmente impensables. Eran outros tempos, pero a nova directiva que agora preside esta histórica sociedade recreativa monfortina non se resiste a que esta decadencia continue. Este novo equipo presidido por Jaime Vázquez, vén de presentar unha das súas principais novidades, a nova praia fluvial nas beiras do Cabe ao seu paso polo Club.
Pero non só iso. Notouse un cambio na vocación do Club Fluvial, cambiou a súa mensaxe, renovouse. Pode comprobarse achegándose ás súas redes sociais, ben sexa facebook ou instagram. Hai unha mensaxe positiva que tanto fai falta. Están a lanzar campañas para captación de novos abonados, renovaron os servizos de cafetería, arranxaron as instalacións, reforzaron a súa oferta de curso e campamentos de verán, dan facilidades para pagar a cota de entrada e non se cantas cousas máis. É interesante ver como en ocasións os cambios sempre xeran dinamización. Algo así xa vimos no agora chamado Ateneo Casino. Oxalá a xente responda a esta iniciativa, e o Club Fluvial volva polos seus foros. Ademais a calor aperta, e en Monforte, agora, hai praia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chega a cuarta edición do Festival do Viño da
Ribeira Sacra de Monforte

Seguinte Nova

O CaminoCreativo 2022 fará parada en en Quiroga

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: