
En total, case 120 adegas galegas e outras empresas comercializadoras de viños e augardentes da nosa comunidade participan neste evento, un dos máis importantes do sector no calendario internacional. Así, contan con representación 19 adegas da denominación de orixe Monterrei, 30 do Ribeiro, 16 de Ribeira Sacra, 19 de Valdeorras e 28 de Rías Baixas, así como 6 elaboradores de augardentes e licores, con 19 referencias. Estes datos foron destacados polo conselleiro do Medio Rural, José González, na súa visita á London Wine Fair 2022, onde acudiu para apoiar a presenza dos viños e augardentes galegos nesta feira internacional, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos quen reafirmou a aposta do Goberno galego pola internacionalización dos nosos viños e augardentes a través da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia e coa futura Lei da calidade alimentaria •