A Deputación de Lugo reclama á Xunta que conceda canto antes axudas as ganderías para paliar o impacto da guerra

• O acordo inclúe tamén pedir á Xunta que poña en funcionamento un Observatorio de Prezos que evite que os produtores vendan a perdas, e tamén que se cree unha Axencia de Información e Control Alimentarios

Imaxe do Pleno Ordinario da Deputación de Xuño. GPDL

A Deputación de Lugo urxe á Xunta de Galicia a que convoque canto antes unha liña de axudas para o sector gandeiro co fin de paliar o impacto da guerra de Ucraína. Así se acordou por unanimidade no Pleno ordinario do mes de xuño a raíz dunha proposta presentada polo Goberno provincial.
A voceira socialista provincial, Pilar García Porto, expuxo que a Deputación reclama “unhas achegas directas ao sector agrario, complementarias e da mesma cantidade que as dedicadas polo Estado aos produtores de Galicia, e destinadas aos subsectores gandeiros de carne, tanto de vacún, ovino e cabrún, como avícola e cunícola”.
A institución provincial tamén insta a que o Goberno galego poña en funcionamento un Observatorio de Prezos que evite que os produtores cheguen a vender a perdas, e tamén a creación dunha Axencia autonómica de Información e Control Alimentarios como ferramenta para axudar a conseguir os obxectivos fixados pola Lei da Cadea Alimentaria.
García Porto puxo de manifesto que, “mentres a Xunta aínda non ten achegado nin un só euro en axudas ao sector, o Goberno de Sánchez duplicou a solicitude de fondos que lle pedira o ex presidente Feijóo”. Lembrou, nese sentido, que o pasado 30 de maio, 6.434 gandeiros e gandeiras galegos de leite percibiron xa 55M€, dos que 25 millóns corresponderon ás 2.835 explotacións leiteiras da provincia de Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Camiños e Románico

Seguinte Nova

Dende o PP critican que non se poña en marcha unha liña de tren matinal entre Lugo e Ourense

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss