Ás pemes do sur de Lugo aínda poden solicitar ata o 11 de xullo os Bonos de Innovación

• Esta nova liña de axudas está dirixida a autónomos, micro, pequenas e medianas empresas para contratar servizos profesionais externos que lles permitan comezar a innovar

Men Checking Stock of Pastry in Bakery Shop

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, animou o pasado xoves día 28 de xuño, ás pequenas e medianas empresas da provincia de Lugo a dar o paso de innovar, na benvida á xornada informativa sobre a nova liña de axudas Bonos de Innovación celebrada de xeito presencial en Lugo e en modalidade en liña, en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) no marco da iniciativa Conecta Lugo. Na xornada participaron tamén representantes das empresas lucenses Aresa e Himikode, beneficiarias da orde de axudas InnovaPeme, que expuxeron a súa experiencia nunha mesa redonda.
Argerey apuntou que a innovación é a esencia da competitividade e permite ás pemes diferenciarse, achegar valor, adaptarse á contorna e medrar. Para apoiar ás pemes neste proceso, a Axencia Galega de Innovación, acaba de convocar os Bonos de Innovación, unha liña de axudas dirixida precisamente a autónomos, micro, pequenas e medianas empresas que queiran comezar a innovar e que precisen facelo dun xeito inmediato para dar resposta ás súas necesidades.
O prazo de solicitude está aberto ata o vindeiro 11 de xullo. O programa cobre o 70% dos custos de contratación de servizos profesionais externos (prestados por consultorías, entidades certificadoras, centros tecnolóxicos, provedores tecnolóxicos, etc), que permiten reforzar as capacidades internas da empresa mellorando a súa competitividade.
Algúns exemplos de tipos de actividades que apoian os Bonos son testar un novo produto ou servizo antes de industrializalo ou lanzalo ao mercado, estudar ou validar tecnoloxías que poden facer máis eficientes os procesos ou engadir valor aos produtos ou servizos, presentar solicitudes a convocatorias estatais e internacionais de financiamento da I+D+i, tramitar deducións fiscais á I+D+i, certificar sistemas de xestión e organización da innovación, patentar modelos de utilidade de produtos ou obter o selo de peme innovadora.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xa está aberto o prazo para pedir as axudas de 250 € do bono Alugueiro Mocidade

Seguinte Nova

Cursos de Verán 2022 en Monforte

Últimas noticias sobre AXUDAS

Ir aInicio

Don't Miss