Dende o PP critican que non se poña en marcha unha liña de tren matinal entre Lugo e Ourense

O PP lucense denuncia que “o Goberno central se nega a poñer en marcha unha liña de tren matinal para conectar Lugo con Ourense” e que, polo tanto, “permita aos viaxeiros procedentes da nosa provincia coller o primeiro ou o segundo tren Ave da mañá con destino a Madrid”. Así o manifestan os senadores José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela que pedirán explicacións na Cámara Alta dos motivos polos que “o Goberno central suma un novo agravio aos lucenses desconectándonos totalmente do resto de Galicia e de España con esta carencia de infraestruturas e comunicacións”. Lamentan “este novo prexuízo por parte do Goberno de Pedro Sánchez en relación ás comunicacións ferroviarias da nosa provincia co resto do país”. E condenan que “trate de ampararse en criterios economicistas e nunha suposta falta de demanda” baseada en que os actuais servizos entre Lugo e Ourense a primeira hora da mañá -realizados en autobús- non cobren as prazas. “O Goberno socialista impide aos lucenses chegar a Madrid antes da unha e media do mediodía e, obriga a pernoctar na capital aos que precisan facer xestións pola mañá”, segundo manifesta Rosa Arza.

Son catro as liñas diarias entre Lugo e Madrid na actualidade, sendo unicamente unha a que permite o acceso á alta velocidade. Así mesmo, só unha das liñas entre Lugo e Madrid é directa, precisando as outras tres transbordo en Ourense -unha das cales esixe unha espera dunha hora enteira na estación ourensá-.
Os senadores advirten de que “a alta velocidade non chegou á nosa provincia” e preguntan ao Goberno central se realmente cren que os lucenses dispoñemos deste servizo “tendo en conta que só podemos facer uso dunha liña de Ourense a Madrid que, ademais, implica un transbordo”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación de Lugo reclama á Xunta que conceda canto antes axudas as ganderías para paliar o impacto da guerra

Seguinte Nova

O BNG saca adiante unha moción na que reclama unha mellora nas condicións laborais dos traballadores do Servizo de Axuda no Fogar

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss