Manuel Lorenzo Varela, novo presidente do PP de Chantada

Manuel Lorenzo Varela vén de ser elixido presidente do PP de Chantada por aclamación no congreso local. (Foto GPPP)

Manuel Lorenzo Varela vén de ser elixido presidente do PP de Chantada por aclamación no congreso local. O popular, que estivo arroupado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e a presidenta provincial, Elena Candia. Elena Candia púxose a disposición do novo equipo para que no 2023 “Chantada siga estando gobernada polo PP porque, se algo é totalmente comprobable e constatable, é que os grandes avances, os grandes proxectos e as grandes obras, teñen o selo dos gobernos do PP”. Pola sua banda, o novo presidente sinalou que o equipo directivo que sae do congreso ten como obxectivo crear as condicións para que dende o Concello sexa posible avanzar aínda con máis rapidez na mellora das infraestruturas e servizos de Chantada, e facelo da maneira máis satisfactoria para toda a sociedade chantadina. O veterano alcalde destacou a importancia do traballo efectuado nos últimos anos, despois de superar as graves dificultades que atoparon no ano 2011 ao retornar á alcaldía. “Entre 2011 e 2016 foron anos moi difíciles, por distintos motivos, entre eles pola situación na que o anterior equipo de goberno deixou o Concello. Foi necesario facer un plan de reaxuste. Agora o Concello está en moi boas condicións”. Destaca que “as estradas municipais están sendo pavimentadas con aglomerado en quente; xa hai 30 quilómetros e pronto haberá 12 máis.
Entre outros logros figura a adquisición de dous edificios nos casco histórico: un deles será biblioteca e, o outro, sede de servizos administrativos do Concello”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O concello de Monforte estrea o seu primeiro Viveiro de Empresas

Seguinte Nova

Pechada a ponte sobre o Cabe en Piñeira

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: