Novos Ciclo Superior de Ciberseguridade para o IES Daviña Rei e Ciclo Medio de Confección e Moda no IES A Pinguela

• É destacable o éxito que está experimentando a FP na última década, cun 70% máis de matriculados que en 2009 e unha empregabilidade que na FP Dual é do 96%

A aposta da Xunta coa Formación Profesional vese reflexada na nosa comarca, coa concesión de dous novos Ciclos. Un para o IES Daviña Rey, o Ciclo Superior de Ciberseguridade que ademais duplica o número de prazas nun dos ciclos máis demandados do centro, o de Auxiliar de Enfermería, e outro para o IES A Pinguela, neste caso un novo Ciclo medio de Confección e Moda co que complementa a súa oferta formativa da familia profesional de Textil, ao xa ofertado Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda. É unha boa nova para a nosa comarca, ao dispoñer a mocidade local da oportunidade de elexir uns estudos con boa saida laboral sen abandonar a súa casa, ademais de atraer a outros estudantes de fora, dada da puxanza actual dos estudos de formación profesional, como alternativa aos estudos universitarios.

COMPROMISO COA FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, declarou que Galicia segue reforzando o seu compromiso coa Formación Profesional Dual de cara ao vindeiro curso académico, co aumento nun 20% máis os ciclos e outro 25% adicional o número de prazas. Anunciou que o Goberno galego redobra a aposta pola FP ofertando 37.588 prazas en primeiro curso en centros con fondos públicos. Rueda referiuse ao éxito que está experimentando a Formación Profesional na última década, o que a converte en sinónimo de aprendizaxe, adaptación á nova realidade laboral e empregabilidade. Neste senso, salientou que hai un 70% máis de matriculados que en 2009, e destacou unha inserción laboral inapelable, que se sitúa por riba do 80% na FP ordinaria e chega case o pleno emprego na FP Dual. Sobre os másteres da FP destacou que ademais de ser un trampolín cara un posto de traballo, tamén supón unha oportunidade de especialización, sobre todo, naquelas profesións de alto valor engadido.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novos investimentos do Goberno destinados a modernizar o ferrocarril

Seguinte Nova

O pedrazo causa daños nos viñedos de Sober

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: