Novos investimentos do Goberno destinados a modernizar o ferrocarril

• Isabel Rodríguez , subdelegada do Goberno en Lugo, considera que se está a “saldar unha débeda histórica coa provincia

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, vén de anunciar novos investimentos que ten en marcha o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para executar distintas actuacións programadas por Adif dirixidas á modernización do ferrocarril “atendendo así o compromiso decidido que asumiu este Goberno coa provincia, saldando unha débeda histórica e que se traduce nunha inxección económica de 545 millóns de euros para conectar a Lugo co AVE ”.
Deste xeito, a subdelegada anunciou que Adif xa formalizou o contrato, por importe de 23,8 millóns de euros, para executar obras correspondentes ao proxecto de renovación de vía do treito Ourense-Monforte e acaba de sacar a licitación, ademais, a execución de obras dos proxectos para a supresión de catro pasos a nivel da liña León-A Coruña que están situados no concello de Lugo. Isabel Rodríguez destacou o importante pulo que lle está a dar o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana á mellora das comunicacións por ferrocarril na provincia de Lugo e lembrou que, a principios deste mes, Adif adxudicou en 23 millóns de euros a mellora da infraestrutura en máis de 10 km do treito Ourense-Monforte. Nese caso, o contrato comprende o tratamento de 8 túneles, 12 pontes, un terraplén e 25 desmontes da liña Monforte-Vigo.
RENOVACIÓN DE
46 QUILÓMETROS
DE VÍA
A subdelegada resaltou que o contrato que acaba de formalizar Adif, adxudicado en 28.875.777 euros, é para unha actuación de renovación de 46 quilómetros da vía. Suporá a renovación de distintos elementos como o balasto e as travesas de formigón, ademais de substituír os desvíos por outros máis evolucionados e o carril existente por outro de mellores prestacións. Para executar estas obras, que teñen un prazo de execución de 23 meses, habilitase como base principal de acopio de materiais un punto no Porto Seco de Monforte. Ademais haberá unha segunda zona de acopio, con descarreiro de balasto en Ourense e outros puntos de menos tamaño ao longo do percorrido.
PASOS A NIVEL
Rodríguez informou tamén de que as actuacións previstas por Adif para a supresión e mellora da protección de pasos a nivel na provincia enmárcase nun proxecto que desenvolve en toda España coa finalidade de incrementar as condicións de seguridade das infraestruturas do transporte. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Toponimízate, falámosche dos nomes da túa terra

Seguinte Nova

Novos Ciclo Superior de Ciberseguridade para o IES Daviña Rei e Ciclo Medio de Confección e Moda no IES A Pinguela

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: