O BNG vén de sacar adiante por unanimidade a moción que presentou no pleno municipaldo Concello de Monforque na que se reclamaba unha mellora nas condicións laborais das traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar. “Os servizos públicos garanten que a veciñanza poida contar con ferramentas que fagan a vida máis doada”, explicou o portavoz do BNG, Emilio Sánchez, que engadiu “o SAF permite garantir o dereito a unha vellez digna, e o persoal que presta este servizo cumpre un papel esencial, proporcionando atención e realizando as tarefas necesarias para que moitas persoas poidan garantir a súa calidade de vida”.
A moción aprobada a inciativa do BNG insta á Xunta de Galiza a asumir a súa competencia neste servizo, mediante a creación dun sistema público e galego de coidados, que garanta o dereito dunha vellez digna a toda a poboación, e pide ao goberno galego o cumprimento do convenio colectivo do sector da atención a domicilio, co incremento salarial do 6,5%. “As traballadoras do SAF levan loitando moitos anos pola súa profesionalización e contra os abusos das empresas concesionarias”, declarou Emilio Sánchez, portavoz do BNG no concello de Monforte.•
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
• Solicitan un Plan de recuperación de zonas de produción de cereais na comarca para paliar
Dende o PP consideran que A rede de estradas da Deputación é fundamental para a vertebración
Jose Rodríguez Fernández foi nomeado presidente da xestora do PP de Ribas de Sil co obxectivo
Julio Álvarez, unha das figuras históricas máis destacadas da política local no sur de Lugo, decidiu
A memoria é un dos distintivos que nos caracteriza como seres humanos, e permítenos distinguirnos do