O pedrazo causa daños nos viñedos de Sober

• Os técnicos recomendan aplicar fitosanitarios nas cepas afectadas

Imaxe da visita do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria José Luis Cabarcos á subzona de Amandi. Foto GPXG.

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, desprazouse esta tarde ao concello de Sober para coñecer de primeira man os danos ocasionados nas vides tras o pedrazo rexistrado na zona. . Con el estaban o director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, Juan Casares, técnicos da Oficina Agraria Comarcal de Monforte de Lemos, o presidente da denominación de orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, e o alcalde de Sober, Luis Fernández. Segundo apuntou Cabarcos, os técnicos da Evega e da OAC estanse encargando de orientar aos produtores prexudicados sobre os tratamentos que deben levar a cabo nos viñedos con maior celeridade e sobre as prácticas máis aconsellables, co obxecto de minimizar as perdas. un primeiro percorrido pola zona e constataron que nunha superficie dunhas 11,5 hectáreas as vides quedaron sen follas nin acios e que tamén houbo afeccións, aínda que en menor medida, noutras 74,8 hectáreas adicionais. José Luis Cabarcos comprometeu na súa visita todos os mecanismos ao alcance do Goberno galego para que técnicos especializados poidan asesorar convenientemente aos viticultores na recuperación dos viñedos danados. Nesa dirección, facilitou o número de teléfono 982 889 112, correspondente á OAC de Monforte, para que os produtores e adegueiros afectados poidan resolver dúbidas e solicitar asesoramento. Tamén sinalou que estas recomendacións fitosanitarias serán enviadas á oficina agraria comarcal de Castro Caldelas, por proximidade tamén ás zonas afectadas, cuxo número de teléfono é o 988 788 827.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novos Ciclo Superior de Ciberseguridade para o IES Daviña Rei e Ciclo Medio de Confección e Moda no IES A Pinguela

Seguinte Nova

Programa Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2022

Últimas noticias sobre VITICULTURA

A %d blogueros les gusta esto: