Pechada a ponte sobre o Cabe en Piñeira

• A orden foi decretada polo Alcalde José Tomé Roca, para garantir á seguridade durante os traballos de reparación contratados por vía de urxencia á empresa Extraco

Dende que se detectou a deficiencia nun dos pilares da ponte de Piñeira, o Concello de Monforte movilizouse rápidamente para atopar unha pronta solución para unha infraestrutura básica para os veciños. Deste xeito, o propio día 29 de xuño O Alcalde, José Tomé Roca, informou da decisión de “ordenar, de forma inmediata, a contratación por emerxencia da reparación do piar e da revisión da ponte sobre o Cabe en Piñeira”. Esta decisión foi adoptada, vistos os informes emitidos polo inspector xefe da Policía Local da Policía Local e pola Arquitecta municipa nos que indícase que tal deficiencia afecta a “unha das pilas da ponte, que se afundiu polo lado norte, perdendo o contacto coa plataforma da ponte nos puntos en que apoiaba, dando lugar a que a luz do vano onde se situaba dita pila se duplicouse, polo que se prexudica considerablemente a súa resistencia”.
“Detectada a deficiencia, e acordo co establecido no artigo 120 da Lei 9/2017 de Contratos do Sector Público”, sinala o Alcalde, ”dende o Concello procedemos de forma inmediata á tramitación de emerxencia das obras de aseguramento desta ponte e proceder á contratación das obras de reparación desta deficiencia á empresa Extraco, S.A.” “Do mesmo xeito, tamén lle indicamos á empresa Extraco que leve a cabo unha revisión do estado xeral desta ponte sobre o río Cabe na parroquia de Piñeira co obxecto de determinar a necesidade de outras reparacións co obxecto de garantir a súa seguridade”. No informe presentado con data de 30 de xuño pola empresa EXTRACO SA, sinálase que é necesario “proceder urxentemente a ordenar o corte total do tráfico peonil e rodado sobre a estrada que transita pola ponte sobre o río Cabe na parroquia de Piñeira”, motivo polo que O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de decretar o corte total do tráfico na ponte, co obxecto de garantir as debidas condicións de seguridade, tanto para a reparación da deficiencia que afecta a un dos seus piares, como para os vehículos e persoas que transitan sobre a mesma. Do mesmo xeito, a Policía Local procedeu a cortar xa o tráfico da ponte e a reestructurar o tráfico alternativo, mentres duren os traballos de reparación do piar e de revisión da ponte. O Alcalde lembrou que “xa no ano 2001 os veciños da parroquia queixáronse en relación co estado da ponte e instaban ao concello a revisar as zapatas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Manuel Lorenzo Varela, novo presidente do PP de Chantada

Seguinte Nova

O CONSERVATORIO CANTIGA DE SARRIA CELEBROU O SEU 25 ANIVERSARIO CUN CONCERTO

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss