Chantada e Sarria lograron o obxectivo da campaña Únete ao reto

• Os dous concellos incrementaron nun 10% a reciclaxe de plásticos, latas e bricks con respecto a 2021

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, participou na entrega de premios da campaña Únete ao reto . (Foto GPXG).

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, felicitou aos concellos que lograron o obxectivo de incrementar nun 10% a reciclaxe de plásticos, latas e bricks con respecto a 2021, no marco da campaña Únete ao reto.

TERCEIRA EDICIÓN
Na terceira edición desta iniciativa, impulsada pola Xunta co apoio de Ecoembes, foron oito dos trece municipios convidados os que acadaron ese reto -Ordes, Burela, Chantada, Sarria, Verín, Cangas, Moaña e Bueu-. Cada un deles recibiu un premio de 2.000 euros para destinar a unha causa social da súa elección.

ENTREGA DE PREMIOS
Durante a entrega de premios celebrada en Chantada, Sagrario Pérez puxo en valor o compromiso das entidades locais con esta campaña e o seu esforzo para aumentar as súas aportacións de latas, briks e envases de plásticos nun 10%, como mínimo, en comparación co mesmo período do ano anterior. Así, desde o 1 de febreiro ata o 30 de abril cada concello participante contou cun amplo programa de accións a pé de rúa, ademais dunha campaña de comunicación en medios, publicidade exterior e redes sociais co obxectivo de axudalos a activar e concienciar á veciñanza.
A maiores, a directora xeral subliñou que as 73.000 toneladas recollidas o ano pasado nos contedores amarelo e azul manteñen a tendencia de incremento da reciclaxe dos últimos cinco anos. Esta corrente positiva enmárcase no traballo conxunto desenvolvido pola Xunta, os concellos e Ecoembes para mellorar o depósito, a recollida e a posterior recuperación deste tipo de residuos.

CONCIENZACIÓN EN RECICLAXE
Nesa liña, Sagrario Pérez eloxiou a participación de entidades locais en iniciativas como esta para mellorar a reciclaxe de envases no contedor amarelo e, tamén, para concienciar á cidadanía da importancia de continuar a separar correctamente os residuos domésticos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pili Sánchez, presentou o seu libro Seguimos de Conto

Seguinte Nova

Dous anos despois, Sarria celebrou ao grande o San Xoán máis agardado

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

A %d blogueros les gusta esto: