Dous anos eran moitos sen a fogueira e as queimadas do San Xoán de Sarria, así que había moitas ganas de pasalo ben, nalgún caso demasiadas ganas, que provocaron incidentes durante a actuación de orquestra Panorama no campo de rugby do Chanto. En todo caso, non puideron embazar estas festas que estreaban localización, e nas que o Concello investiu ao redor de 150.000 €, para encher de propostas variadas as rúas da vila.
Ademais este ano, o pregón correu a cargo de Óscar Puente, alcalde de Valladolid, cuxo pai ten raíces en Sarria. Houbo de todo, a clásica noite de lume, o desfile das pampónigas, pancetada, queimada e moita música, que tivo nas verbenas con orquestras como o Combo Dominicano, Os Satélites e a xa mencionada Panorama os seus pratos fortes, con miles de asistentes. Pero tamén houbo espacio para os grupos de pop rock locais como Sound Sisters e O Taller de López.•
Últimas noticias sobre SOCIEDADE
O pasado Martes de Pascua, Monforte celebrou as honras á Virxe de Montserrat cunha misa na
Concienciación sobre as consecuencias das condutas imprudentes ao volante A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da
A xornada comezou coa visita ao colexio da Pobra, onde foron recibidos polo alcalde Xosé Lois
Na Casa da Cultura do Concello de Sober, unha vez máis as mulleres uníronse nunha xornada
Da man do Colectivo Vermut, a Fraternal está a tratar de volver á vida, logo duns