Inmarcesibles, unha mostra fotográfica sobre a beleza real feminina

O Concello de Sober vén de presentar o proxecto Inmarcesibles, unha exposición fotográfica sobre a beleza real feminina que poderá verse no Centro Sociocultural de Sober ao longo das vindeiras semanas. Inmarcesibles invita a reflexionar sobre a exclusión invisible que experimenta o sexo feminino cando falamos do seu físico. Exclusión porque nos ensinan que o corpo da muller debe ser o máis parecido posible ao canon de beleza establecido, loitando para conseguir encaixar neses parámetros e rexeitando se non o logran; e invisible porque dita ensinanza non se transmite de forma directa, pois é silenciosa e sutil, maquillándose baixo a premisa de que a muller debe ser libre e ha de estar preocupada por unha axeitada saúde física e mental.
“Non queremos manifestar que ser e estar guapa é malo e prexudicial, senón que o é a obriga de ter que estalo”, precisan dende o Concello de Sober.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha unha nova tempada dos Trens Turísticos de Galicia

Seguinte Nova

Un documental sobre a heroicidade dos ferroviarios vítimas do réxime franquista

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: