Monforte presidirá en 2023 a Rede de Xuderías de España-Camiños de Sefarad

• A Tenente de Alcalde e a Concelleira de Cultura de Monforte participaron en Lucena na 60ª Asemblea da Rede de Xuderías de España

A Primeira Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, en Lucena, na 60ª Asemblea da Rede de Xuderías de España . Foto RJDE.

A 1ª Tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, participaron o pasado xoves 23 e venres 24 de xuño na 60ª Asemblea xeral ordinaria da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad que se organizou na cidade cordobesa de Lucena. Durante a Asemblea, que se celebrou na Casa de los Mora, fíxose un repaso ó estado de execución do orzamento anual da Red, ás actividades que se levaron a cabo ata a data, e ós proxectos que se abordarán no segundo trimestre de 2022, entre os que destaca a celebración da Xornada Europea da Cultura Xudía o primeiro fin de semana de setembro.
Igualmente, durante a Asemblea abordouse o regulamento, opcións e cidades candidatas a unha posible ampliación da Red de Juderías de España en 2023. As cidades participantes tamén analizaron os retos e proxectos futuros da asociación.
Ademais do Concello de Monforte de Lemos, tamén participaron neste encontro representantes das cidades de Barcelona, Córdoba, Estella-Lizarra, Lorca, Tarazona, Ribadavia, Tudela, Tui, e da propia Lucena.
A celebración da Asemblea contou con diversas actividades para amosar ós participantes o rico legado xudeu da cidade cordobesa. Así, o xoves 23 tivo lugar unha visita á Necrópole xudía e ó alfar romano de Los Tejares. A visita concluíu na Serra de Arras e o santuario de Nuestra Señora de Araceli, dende onde se poden vislumbrar 5 provincias andaluzas. A xornada do xoves concluíu cunha cea de benvida que contou coa actuación do Coro de Cámara Elí Hoshaná Ciudad de Lucena, baixo o título “Kantes populares sefardíes”.
O venres 24, previamente á celebración da Asemblea, realizouse unha visita por Lucena para coñecer os elementos máis destacados do legado xudeu e do patrimonio cultural lucentino como o Castelo do Moral, o barrio de Santiago, a Parroquia de San Mateo e o Palacio dos Condes de Santa Ana.
Cabe recordar que está previsto que a cidade de Monforte presida en 2023 a Red de Juderías, e que polo tanto a cidade acolla a celebración da súa Asemblea anual, xa que esta presidencia establécese por orde alfabética das cidades membro: se León asumiu a presidencia en 2021, en 2022 está sendo a quenda de Lucena, e en 2023, será a cidade de Monforte de Lemos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentado o cartel do Folión de Carros de Chantada

Seguinte Nova

O Concello de Monforte sumouse ós actos de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio