Servizo gratuíto de autobús entre Escairón coa Praia da Cova

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra poñerá en funcionamento un servizo gratuíto de autobús lanzadeira que conectará Escairón (O Saviñao) coa Praia da Cova, no marco do Plan de Sostibilidade Turística.
Trátase dunha medida disuasoria para desconxestionar un dos puntos máis visitados da ribeira do Miño durante o periodo estival, que polas súas condicións, ao igual que outros recursos turísticos de Ribeira Sacra, non dispón de espazos de estacionamento o suficientemente amplos para acoller todos os vehículos que se achegan ata alí durante o verán, e que adoita dificultar o tránsito e manobras dos de maior tamaño.
O servizo de lanzadeira funcionará todos os días entre o 1 de xullo ata finais de agosto. Contará cunha capacidade aproximada de 20 prazas e saídas cada hora, en horario de tarde, dende a Praza de España (Escairón, O Saviñao).
A alternativa para chegar á Praia da Cova, por vontade do Concello, será un servizo gratuíto para visitantes e veciños/as co fin de sensibilizar a locais e visitantes nesta fase inicial. Malia iso, recoméndase a súa reserva previa con fin de garantir a dispoñibilidade de prazas.
Terán preferencia aquelas persoas con reserva que estará habilitada a partir do día 30 de xuño a través da plataforma do Consorcio de Turismo: https://turismo.ribeirasacra.org/es/reservas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello de Monforte sumouse ós actos de celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI

Seguinte Nova

En marcha unha nova tempada dos Trens Turísticos de Galicia

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: