A literatura protagonista da etapa do Camiño Creativo en Quiroga

• Cunha interesante tertulia na que participaron Olga Novo, Celia Díaz e Eva Teixeiro

O Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, xunto con Belén Elisa Díaz, alma mater do Camiño Creativo, Olga Novo, Celia Díaz e Eva Teixeiro, participantes na tertulia literaria, e o resto de participantes. Foto Camiño Creativo

Quiroga vén de acoller unha das etapas da segunda edición do Camiño Creativo 2022, que organizado pola asociación España Creativa. ten como late motiv impulsar a creatividade, o talento e a innovación co fin de potenciar o emprego e autoemprego a través do emprendemento no marco do Xacobeo 2021.2022. Camíñase un día e ao día seguinte os participantes quédanse nos pobos de cada etapa para escribir o proxecto, coñecer o lugar, e asistir a talleres, charlas experienciales, sesións de networking e visitas culturais. Nesta ocasión, Quiroga foi a sede da fin da cuarta etapa, e o lugar elexido para impartir un Taller sobre Desarrollo funcional (I): Dirección de Recursos Humanos y Organización, a cargo de Elba Pedrosa, especialista en creatividade, escritora, actriz e comunicadora.
Despois desenvolvíase un café encontro con profesionais e casos de éxito no mundo da literatura e a editorial, aberto a todos os interesados, para rematar cunha mesa redonda. O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, foi o encargado de dar a benvida a todos os asistentes e tamén de agradecer a participación sobre todo das escritoras Celia Díaz, Eva Teixeiro e Olga Novo, ás que se dirixiu especialmente.
A filla adoptiva de Quiroga, Celia Díaz, autora de “Quiroga territorio literario” falou de todos os escritores vinculados con Quiroga a través dos tempos, facendo referencia a todas aquelas persoas que dalgunha maneira e nalgún momento recopilaron información que despois transmitiron tanto a través de libros como de prensa ou de medios dixitais.
A profesora Eva Teixeiro, que exerceu a docencia no IES de Quiroga durante varios anos, escribiu “La experiencia de la ruta de Manuel María y los Sonetos ao Val de Quiroga”. Deste libro foi do que falou na súa intervención.
O encontro literario remataba coa intervención de Olga Novo, premio Nacional de Poesía 2020 que ademais de falar sobre o valor da poesía no contexto actual, tamén lía algúns dos seus poemas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito do Taller de fotografía de Paulo Nozolino

Seguinte Nova

Tempo de campus deportivos

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: