A Xunta ten dispoñible desde o 14 de xullo a autocita de vacinación da covid para primeiras doses de adultos, nenos e recordo de 18 anos en adiante

• O Executivo galego lembra que segue a funcionar a entrada libre para vacinación da covid

A Dirección Xeral de Saúde Pública informa que, na última actualización na data desta noticia, a 22 de xullo, o número de ​casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.143 deles 1.180 son da área de Lugo. Do total de pacientes positivos, 24 están en UCI, 642 en unidades de hospitalización e 7.477 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 655.168 persoas curadas, rexistrándose 3.773 falecementoso.
Foto GPXG.

A Xunta de Galicia ten dispoñible, desde onte, 14 de xullo, a autocita para vacinación da covid das primeiras doses de adultos, así como das primeiras doses de nenos e nenas e recordo de 18 anos en adiante.
A autocita poderá realizarse a través da web do Sergas (www.sergas.es), ou por medio da aplicación Sergas Mobil ou marcando o número de teléfono 881. 54 00 45.
No momento que unha persoa cumpla os criterios e entre en campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode pedir cita. Ademais, as sete áreas sanitarias do Sergas tamén as poderán citar activamente. Xunto ao anteriormente sinalado, o Goberno galego lembra que segue a funcionar a entrada libre para vacinación da covid.
Os horarios dos puntos de vacinación poden ser consultados pola cidadanía no seguinte enderezo: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/Vacinacion-Covid-OC.
En concreto, na nosa area de influiencia, temos puntos de vacinación no Hospital Comarcal de Monforte, os días 13, 15, 18, 19, 26 e 27 de Xullo de 9 a 13 horas para adultos, e o 15 e o 27 de xullo de 9 a 13 horas para nenos. Tamén estará dispoñible como punto de vacinación o Hospital Lucus Augusti de Lugo, de lunes a venres en horario de maña de 9 a 13 horas, e os mércores tamén de tarde de15:30 a 18 horas para adultos, e os venres de 9 a 13 horas para nenos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Reordenación do estacionamento no entorno de Centro de Saude

Seguinte Nova

O Goberno galego destina este ano 1,5 millóns de euros á creación de emprego e á súa consolidación en pequenas empresas de recente creación

Últimas noticias sobre SAÚDE

A %d blogueros les gusta esto: