As festas de agosto de Monforte xa teñen cartel e pregoeira

Acércase o mes de agosto e con él chegan un ano máis as festas patronais de Monforte, un dos principais referentes festivos do sur de Lugo, e que tratarán de acadar á normalidade, logo destes dous anos marcados pola pandemia. Unhas festas que xa teñen cartel e pregoeira. No que respecta ao cartel, a presentación do deseño que se alzou coa vixésimo sétima edición do concurso de carteis, tivo lugar nun acto no que o Alcalde estivo acompañado polo autor gañador, que foi César Núñez Álvarez, procedente do concello leonés de Astorga, coa obra “Identidade”. O Alcalde explicou que “dende este Equipo de Goberno, cando convocamos o concurso para as Festas Patronais pensamos que o mellor é permitir a participación a calquera persoa que tivera interese en contribuír a divulgar as nosas festas a través da súa capacidade artística. Porque desta forma temos unha maior aportación e variedade de ideas”.
Neste senso, José Tomé recordou que “este concurso para seleccionar o cartel das Festas Patronais é unha actuación que recuperamos en 2015, e que, a pesar da pandemia da Covid-19 seguimos convocando e fallando, tanto no ano 2020 como no ano 2021, porque era unha maneira de manter vivas as Festas, co cartel e cos Fogos do día 15”.
Deste xeito, dende o Concello establécese todos os anos un premio de 1.000 euros para o cartel gañador, “unha cantidade coa que retribuír o esforzo, o traballo e a dedicación da persoa que resultara gañadora”. En total, ó concurso deste ano presentáronse 18 traballos artísticos. A maioría deles foron elaborados por veciños e veciñas de Monforte; en concreto foron 8 os traballos a cargo de artistas monfortinos. Todos os carteis que se presentaron a concurso, as 18 obras, serán expostos do 18 de xullo ó 16 de agosto na casa da Cultura de Monforte.

PREGOEIRA
Por outra banda, o Alcalde tamén presentou a que será a Pregoeira das Festas Patronais de 2022. Trátase da monfortina Margarita Rodríguez Otero.
O Alcalde xustifica a súa elección en que “é unha figura moi importante na historia recente de Monforte, e ademais creo que é unha persoa moi querida polos monfortinos e monfortinas, e estou seguro de que contribuirá co seu pregón a que moitos se animen a achegarse ata Monforte a disfrutar das nosas Festas”.
Margarita Rodríguez Otero naceu en Monforte de Lemos en 1934. É Graduada Social e Técnica superior en Relacións Industriais pola Universidade de Alcalá de Henares. En decembro de 2006 foi nomeada Cronista Oficial de Monforte de Lemos.
Dedicou boa parte da súa vida á política, que inicia en 1979 coas primeiras eleccións democráticas, como candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía do Concello monfortino. Foi concelleira, Deputada provincial, sendo a primeira muller en acadar este cargo en toda Galicia, e Deputada autonómica. Unha vez xubiladadedícase de cheo á investigación histórica, a súa gran paixón.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os Guímaros de Brollón rebélanse de novo contra o Conde de Lemos

Seguinte Nova

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visita en Chantada proxectos empresariais innovadores

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss