Éxito do Taller de fotografía de Paulo Nozolino

O Alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, o fotógrafo portuguéz Paulo Nozolino, o gañador da beca Pintor de Castinandi, e o resto de participantes no Taller de fotografía. Foto GPCS.

A pasada semana, organizado por A Plantación, desenvolveuse na Casa Grande de Rosende, o taller fotográfico de Paulo Nozolino, co título «Escuridade, luz e relato». O fotógrafo portugués, nacido en Lisboa en 1955, onde vive e traballa actualmente, é unha das figuras centrais da fotografía contemporánea. Nozolino é un artista que entende a fotografía como entende a vida, de maneira frontal, sen enganos. Úsaa para comprender o mundo e a si mesmo, levándoa ao límite da súa procura, as súas respostas e as súas experiencias O alcalde, Luis Fernández Guitián, foi o encargado de entregar a Bolsa Internacional Pintor de Castinandi ao mozo de Logroño Enrique Antonio Ojeda, que asistiu de maneira gratuíta ao obradoiro.
No taller participaron 16 persoas de España, Portugal, Londres e Francia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Prómina Singular, de Bodegas Petrón, elexido por terceiro ano consecutivo, mellor viño tinto de Galicia

Seguinte Nova

A literatura protagonista da etapa do Camiño Creativo en Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss