Chegou o verán, e con él as programacións culturais e de lecer que o Concello de Pantón programa durante os meses de xullo e agosto para tos os públicos.
As actividades comezaron a principios de xullo coa posta en marcha dos Campamentos de Verán, que este ano desenvolvense en 4 quendas, durante os dous meses en horario de 10:00 a 14:00. “Levamos desde o ano pasado loitando por uns bos campamentos porque tamén é un investimento moi forte, ter campamentos tanto tempo con tantos monitores. O ano pasado foi mes e medio e este ano conseguimos máis tempo grazas á colaboración da Xunta que ten plans de conciliación moi bos,” sinalaba ao efecto a concelleira de cultura de Pantón, Cristina Domínguez.
Os campamentos agotaron as 50 prazas ofertadas, “no verán en Pantón hai moitas nenas e nenos que veñen de vacacións a onde os avós e tamén temos que conciliar aos avós. En Pantón temos moita xente que pasa o verán na aldea, na casa dos avós. Hai un repunte importante da poboación, unhas 15 prazas dos campamentos son de nenos de vacacións que repiten de ano en ano.” Dentro das actividades dos campamentos, vén de proxectarse a película Ana e o circo máxico, que foi moi ben acollida polos rapaces asistentes.
Sábados na Praza
Ademais, durante os sábados de xullo e agosto a partir das 23:00 a Praza do Concello de Pantón está a acoller algunha actividade cultural, como foi a actuación de Pakolas ou o evento Diario de dúas músicas do século XXI.
Algunhas dstas actividades están máis orientadas ao público infantil, aproveitando que nas tardes e noites do verán fórmase un bo grupo de nenos xogando na praza, para darlles máis opcións de lecer.
Para o día 15 de xullo, está prevista a proxección de Live is life, a película do director monfortino, Dani de la Torre, que conta con moitos escenarios de Pantón. Esta actividade faise en venres porque o sábado, 16 de xullo, celébrase a Batalla de Grupos do Trece Roeis Fest.
O día 23 de xullo, haberá concerto da fadista, Iria Estévez e o día 30 de xullo, concerto dos galegos de The Tetas´ Van.•