O Círculo Saviñao segue a animar o verán cultural e de lecer

O Círculo Saviñao segue a ser un dos grandes animadores do verán cultural na comarca. Logo da inauguración da exposición As Portas de Lugo do pintor Paco Ascón, acto no que ademais se presentou o libro Tener o Ser, no que o pintor refai a fábula da cigarra e a formiga para facer unha fonda crítica social e humana da acumulación de bens, e por contra facer unha loubanza da amizade e a familia e, en definitiva, da busca da felicidade, chegou o tempo para a música, coa actuación do dúo ¿Pero cómo que señor? que amenizou con moito éxito a velada do pasado sábado. Fernando Losada e David Taboada, compoñentes do dúo foron moi aplaudios, polo que xa se espera unha próxima actuación. E para este próximo sábada día 16, ás 8 da tarde, o turno é para o gaditano Santi Benjumeda, cun estilo propio a camiño entre o rock de autor e o blues, tanto nacional como americano (Fito, R. Iniesta, M. Ríos, Dylan). •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rematou unha exitosa oitava edición do FanCine de Lemos, logo de cinco días de cine fantástico e videoxogos

Seguinte Nova

A colaboración entre Xunta e Concello impulsa o Polígono de O Reboredo

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

A %d blogueros les gusta esto: