O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte encheu o Paseo do Malecón

Dous anos despois, o viño foi o gran protagonista nunha das edicións máis concurridas

Logo de dous anos de ausencia pola pandemia, volvía o Paseo do Malecón de Monforte a encherse de xente na cuarta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra. Como destacou José Tomé Roca, no acto inaugural, “tras dous anos marcados pola pandemia, volve o Festival do Viño, e así podemos volver a reunirnos neste fermoso Paseo do Malecón de Monforte cun obxectivo común, promocionar os nosos viños da Ribeira Sacra” e recordando que o Festival do Viño foi unha “iniciativa municipal que botou a andar en 2017 en colaboración coa Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, cunha clara vocación de consolidarse no tempo”.
O Alcalde monfortino non se esqueceu dos verdadeiros protagonistas do evento: “quero dar un agradecemento especial ós 27 adegueiros que están hoxe aquí presentes neste Festival. Polo seu compromiso, polo seu esforzo e pola súa colaboración, porque gracias á súa xenerosidade imos poder disfrutar dun evento que proxecta a calidade e a excelencia dos nosos viños nun mercado moi amplo e que fai de reclamo para a comarca de Lemos e para a Ribeira Sacra, como a min me gusta dicir, un anaco do Paraíso no interior de Galicia.” .•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Tempo de campus deportivos

Seguinte Nova

Vinigalicia, Premio Pyme del Año de Lugo 2022

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

A %d blogueros les gusta esto: