Un ano máis e, vain trinta e catro, tivo lugar a entrega de premios da Cata de vinos de Galicia, e unha vez máis, e van xa tres consecutivas, Prómine Singular, de Bodegas Petrón, levouse o Acio de Oro ao mellor viño tinto de Galicia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda foi o encargado de presidir o acto de entrega dos premios da XXXIV Cata de viños de Galicia, XXIV Cata de augardentes de Galicia e XI Cata de licores tradicionais en Boqueixón, no que estivo acompañado, entre outros, polo conselleiro do Medio Rural, José González, e a directora de Axénciaa Turismo de Galicia, Nava Castro.
No acto, Alfonso Rueda subliñou o apoio da Xunta ao sector vitivinícola galego “porque somos conscientes da transcendencia que ten na nosa economía e na imaxe que reflicte de Galicia”. Indicou que non só forma parte da cultura propia senón que é tamén clave no desenvolvemento económico e social da Comunidade, na súa proxección turística e na súa capacidade para xerar emprego e para fixar poboación no rural.
Integrado por máis de 10.000 viticultores e preto de 500 adegas que achegan un valor económico de máis de 230 millóns de euros cada ano, as expectativas do sector non deixan de crecer.
Adegas Petrón nace en 2005 e está situada en Doade (Sober), en pleno corazón da Ribeira Sacra. A adega é propietaria de diferentes viñedos nas ribeiras do río Sil, con abundantes cepas que sobreviviron ao paso do tempo e mantéñense en plena forma para proporcionar uva de gran calidade, principalmente da variedade Mencía. O viño premiado Prómine Singular, está feito 100% con mencía, ten un aspecto limpo e brillante, con capa alta, de cor vermella picota con marcados escintileos violáceos. Ao olfato, presenta un aroma intenso, profundo e de marcada complexidade, predominan notas de froitas maduras e balsámicos (arando, ameixa madura, mentolados, tabaco). A nivel gustativo, é de destacar a súa estrutura, equilibrio e harmonía, bo paso por boca, pura sedosidad e cun longo recordo aromático.•
Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO
Os efectos do temporal Kirk e das constantes borrascas que afectan a Galicia neste outono están
A Asociación Micolóxica Lactouros, cunha traxectoria de máis de 40 anos no estudo e divulgación da
Chantada acollerá o próximo 9 de novembro un simposio internacional sobre a velutina, organizado pola Asociación
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reafirmou no Parlamento o compromiso da Xunta cos
A Denominación de Origen Ribeira Sacra obtiña resultados sobresalientes na recente edición do Mondial des Vins