Reordenación do estacionamento no entorno de Centro de Saude

O Concello de Monforte vén de informar da reordenación do espazo de estacionamento situado na fachada do Centro de Saúde da cidade, na rúa Doutor Casares, para destinalo por completo a dar servizo de estacionamento ós usuarios do citado ambulatorio. Así, a nova reordenación deste espazo destinado a mellorar os servizos de aparcamento do Centro de Saúde, establece un espazo destinado a ambulancias, cunha lonxitude de 8 metros, a contar a partir da rampa de acceso á beirarrúa existente pola parte sur de dito centro. A continuación, mantense a praza reservada para usuarios con mobilidade reducida, e seguindo a esta o Concello delimitará un espazo de nova creación destinada a parada de taxis, con dúas prazas. Tras a parada de taxis, ubicaranse dúas prazas reservadas para persoal médico que dispoña de tarxeta de identificación como persoal autorizado. A continuación, no espazo restante que se estima en 10 metros de lonxitude, o Concello establecerá un área de parada que poderá ser utilizada unicamente para a subida e baixada de usuarios do Centro de Saúde, con tempo máximo de parada de vinte minutos para permitir o acompañamento o interior da persoa trasladada por parte do condutor do vehículo e no horario de funcionamento do centro en que se rexistra unha maior afluencia de usuarios, entre as 7:00 h. e as 15:00 horas dos días laborables.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os Centros de Información á Muller do Sur de Lugo, reciben máis de 221.000 € en axudas para impulsar programas de igualdade

Seguinte Nova

A Xunta ten dispoñible desde o 14 de xullo a autocita de vacinación da covid para primeiras doses de adultos, nenos e recordo de 18 anos en adiante

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss