
No verán os campus deportivos son todo un clásico. Tamén en Quiroga, onde a área de deportes do concello vén de clausurar o XIV Campus de Fútbol. Durante unha semana os 44 rapaces menores de 16 anos foron adestrados por Andrés Novoa, concelleiro de Deportes, e Adrián González, novo adestrador do Quiroga FC.
Como remate do campus, os participantes recibiron un diploma de mans do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez.
E logo do fúbol, tocoulle o protagonismo ao III Campus de voleibol de Quiroga que leva o nome da xogadora quiroguesa internacional do Arenal Emevé, Carolina Camino.
O campus remata hoxe venres día 15 de xullo no pavillón municipal. Participan unhas corenta nenas e nenos de 6 a 16 anos de idade. O campus contará coa presenza de técnicos como Roberto Castro do Club Korbis e Manuel Martínez do Ribeira Sacra.
Ademais de voleibol os participantes tiveron a oportunidade de acudir as instalacións das piscinas municipais.•