• Esta ruta, que reúne a 60 autocaravanas e 130 persoas procedentes de toda España e Portugal fixo parada en Monfort
Monforte acolleu o pasado día 13 aos participantes na VI Ruta Xacobea Yakart Camino de Santiago. Trátase dun evento no que participan 60 autocaravanas e 130 persoas procedentes de toda España e tamén de Portugal, e que están a percorrer Galicia do 10 ó 17 de xullo, e que hoxe fixeron parada en Monforte. Percorrerán máis de 400 quilómetros e pasará por tres das catro provincias galegas, con parada en sete concellos: Pedrafita, Baralla, Lugo, Monforte de lemos, Melide, Cambados e Santiago.
Gloria Prada, primeira Tenente de Alcalde de Monforte, que foi a encargada polo Concello de recibir e saudar ós participantes, destacou que esta visita supuxo unha promoción turística moi importante para o Concello de Monforte e para a Ribeira Sacra, , xa que ademais de pernoctar na cidade, visitaron o noso casco histórico, así como os principais monumentos da cidade, e fixeron unha viaxe en catamarán pola Ribeira Sacra”.
Por este motivo, o evento contou coa colaboración do Concello de Monforte, que cedeu a explanada da Compañía para que as autocaravanas puidesen aparcar. A ruta está organizada por Caravaning Club Yakart, que é unha organización sen ánimo de lucro.
IMPORTANTE REPERCUSIÓN ECONÓMICA
A maiores da propia ruta, o autocaravanistas estarán por Galicia entre 15 e 30 días, estando algúns xa dende a pasada fin de semana. Segundo os responsables do clube organizador, cada autocaravana realiza un consumo aproximado por día duns 100€, que inclúe o gas-oil, supermercados, bares e restaurantes do lugar no que pasan a noite. Calcúlase que esta ruta deixará en todo Galicia sobre 150.000€ mentres estean de vacacións. •