Vinigalicia, Premio Pyme del Año de Lugo 2022

Vinigalicia Familia Adegueira, situada en Chantada obtivo o VI Premio Peme do Ano. O acto, organizado pola Cámara de Comercio de Lugo, a Cámara de Comercio de España e o Banco Santander contou coa presenza do Presidente da Deputación de Lugo e a Alcaldesa da Lugo.
O certame recoñece o labor das pequenas e medianas empresas que reúnen os valores nos que fan fincapé: creación de emprego, innovación, sustentabilidade e internacionalización.
Vinigalicia representará a Lugo no certamen a nivel nacional que se celebrará no primeiro trimestre do 2023.
Vinigalicia, está presente en máis de 30 países e atópase nun proceso estratéxico de dixitalización, sustentabilidade e incremento da súa presenza tanto
nacional como en mercados internacionais, sempre cunha clara vocación de marca galega de referencia. A súa orixe remóntase ao ano 1940 e a día de hoxe é a única adega que está presente nas 5 denominacións de orixe galegas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte encheu o Paseo do Malecón

Seguinte Nova

Rematou unha exitosa oitava edición do FanCine de Lemos, logo de cinco días de cine fantástico e videoxogos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss