A Asociación Veciñal do Saviñao solicita a sinalización e mellora do acceso ao dolmen da Leira Rapada

Imaxe do dolmen da Leira Rapada, no municipio de O Saviñao. Foto Asociación Veciñal do Saviñao

O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un escrito no que solicitan unha serie de medidas para a mellora da contorna do dolmen da Leira Rapada. En concreto, o colectivo veciñal reclama ao Consistorio a sinalización do acceso a este enclave megalítico, tanto por estrada como polo camiño natural, cuxa limpeza tamén demandan neste documento. Por último, a Asociación pide a colocación dun panel informativo que amose as gravuras petroglíficas existentes na tapa do dolmen. Para a elaboración deste panel, a propia Asociación presentou un calco destas figuras que lles fora doado no seu momento.
Dende este colectivo veciñal, explican que o conxunto de demandas presentado ao Concello do Saviñao busca “poñer en valor o patrimonio arqueolóxico visible e contribuír a potenciar o turismo cultural”.
No escrito, a Asociación Veciñal do Saviñao lembra que todos os concellos do sur de Lugo están a levar a cabo diversas iniciativas para dar a coñecer os seus patrimonios culturais, científicos ou paisaxísticos. O colectivo salientou tamén que o municipio conta cun “tesouro por descubrir, que é o Neolítico, con 56 mámoas catalogadas que deberían ser estudadas”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentan o Plan de Sostibilidade Turística da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Despídese de Chantada a mostra sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss