A Xunta aproba a implantación dun polo creativo e varias pistas multideporte na comarca de Sarria

A Xunta de Galicia aprobou a implantación de 12 polos creativos e a execución de 12 pistas multideporte que estrearán o vindeiro curso escolar colexios e institutos da provincia de Lugo.
No caso das pistas multideporte, a provincia de Lugo é a máis beneficiada con achegas de 778.700 euros a 12 concellos (en toda Galicia son 33) para a dotación e mellora destas instalacións en centros educativos. Así, ao abeiro desta convocatoria de axudas contarán con este tipo de instalacións, entre outros, o CEIP Rosalía de Castro de Bóveda; o CEIP do Corgo; o CEIP Ricardo Gasset do Incio; o CEIP do Páramo e o CEIP de Palas de Rei.
É a primeira acción deste tipo que se pon en marcha en Galicia e a Xunta financia ata o 85% do custo destas infraestruturas nos centros escolares que son de uso conxunto entre a comunidade educativa e a cidadanía.
As axudas van destinadas a pistas multideporte en centros de Educación Infantil e Primaria e nos centros integrados non universitarios (CPI) de titularidade municipal, cuxo deseño debe ser conforme aos modelos establecidos no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. O obxectivo é promover unha vida sa entre o alumnado e permitir a práctica dun mínimo de 5 deportes nun espazo polifuncional.
No caso dos polos creativos, o obxectivo principal é consolidar a Galicia como referente a nivel estatal na incorporación de tecnoloxías STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) ao proceso de ensino-aprendizaxe no sistema educativo público.
A primeira fase de implantación chegará en setembro a 138 centros educativos galegos cun investimento que supera os 4 millóns de euros.
Na provincia de Lugo, promoveranse en seis colexios e institutos da Mariña; e tamén nos CEIP Virxe do Corpiño de Begonte, CEIP de Palas de Rei, CPI de Castroverde, IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, IES Xograr Afonso Gómez de Sarria e Escola de Educación Infantil Fingoi nº2 de Lugo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Javier Castiñeira: “Tomé xa fala incluso diante dos socialistas como ex presidente da Deputación, porque sabe que os lucenses non lle perdoan tantos e tan graves erros”

Seguinte Nova

O Pleno declara o deserto do procedemento de contratación do Servizo de Axuda no Fogar de Monforte

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss