Convenio entre Correos e Mancomunidade do Camiño Francés para promover os produtos da zona

O alcalde de Sarria e presidente da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés en Galicia, Claudio Garrido, e o director de Correos Market, Iván Maroto, na sinatura do acordo.
Foto Concello de Sarria.

A mediados de xullo, quedou asinado un acordo entre a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés en Galicia e Correos Market para promocionar e distribuír os produtos locais deste roteiro xacobeo a través do portal www.correosmarket.es. O acordo foi asinado polo alcalde de Sarria e presidente da Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés en Galicia, Claudio Garrido, e o director de Correos Market, Iván Maroto.
Este acordo permite dar visibilidade a produtores e comercios pequenos instalados nos 11 concellos que integran esta Mancomunidade. Ademais da promoción, o portal ofrece a posibilidade de realizar vendas en liña e distribuír os produtos con Correos por calquera punto de España de maneira sinxela e segura. Deste xeito, Correos pon a disposición dos produtores e comerciantes do Camiño Francés a súa rede loxística e as 2.370 oficinas que a compañía ten ao longo de todo o país. Actualmente, Correos Market xa conta con máis de 1.400 vendedores de toda España, que ofrecen máis de 16.000 referencias de produtos de calidade de empresas españolas, que os consumidores poden recibir no seu domicilio a través de Correos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os obxectivos dos socialistas de Lugo son consolidar e gañar alcaldías, e manter a Deputación

Seguinte Nova

Broche de ouro ao Camino Creativo
coa proxección de Valentina

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: