Desastre no Courel e Brollón

• O lume sen control arrasou máis de 11.000 Ha en Vilamor, Saa e Seceda

Foto Conc. Folgoso.

O pasado 14 de xullo quedará gravado para moitos cidadáns de Brollón, Folgoso do Courel e Quiroga. Un fenómeno meteorolóxico chamado «sistema convectivo», absolutamente extraordinario en Galicia, xerou unha megatormenta nun tempo record. Foron máis de 5.500 os raios que caeron en Galicia nunhas poucas horas, mesmo se recolleron importantes ballóns de choiva e refachos de vento moi fortes e cambiantes. Algún deses raios foi o causante dos impresionantes incendios forestais que arrasaron Ou Courel e Brollón durante os últimos 12 días. Nestes dous concellos foron máis de 11.000 as hectáreas arrasadas, cun dano ecolóxico de incaculable valor, nuns incendios que non foron estabilizados ata o día 26 de xullo. Case doce días ardendo, e máis de 750 veciños desaloxados, se temos en conta tamén os perxudicados polo incendio do Barco de Valdeorras, máis de trinta núcleos de poboación incluindo a propia capitalidade dun dos muncipios afectados, Folgoso do Courel e moitas casas e aldeas arrasadas polo lume. Xente que perdeu todo o que tiña, a súa vida e a suá memoria. A alcalcesa de Folgoso declara que » “Os efectos son devastadores a todos os niveis, polo que cantas máis axudas poidamos recibir máis nos vai axudar na recuperación que temos por diante”.
Ainda que neste caso a man do home como causante do lume parece descartada, volve o debate habitual nestes casos: que pasa co monte en Galicia?, quen o coida? é posible evitar os incendios forestais? Son preguntas que se repiten cada certo tempo, e moitas delas seguen sen resposta. A realidade é que o interior rural de Galicia estase despoboando e envellecendo a pasos axigantados. É tamén é certo que o investimento en en prevención e extinción de incedios restais en Galicia é a máis elevada de España, incluso os nosos equipos humanos de extinción son considerados de elite, e non debe esquecerse que ano tras ano se está a reducir, tanto a superficie queimada como o número de incendios. Con todo, custa resignarse a crer que non se pode facer algo máis, en pleno século XXI, coa tecnoloxía dispoñible, para acabar cunha plaga que cada ano invádenos, acabando coa maior riqueza que temos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Josito, novo entrenador do Club Lemos

Seguinte Nova

Joseba Iraola imponse na 48 Edición da Subida a Chantada marcando un novo record do percorrido

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

A %d blogueros les gusta esto: