Despídese de Chantada a mostra sobre a figura de Florencio Delgado Gurriarán

A mostra estivo exposta na Casa da Cultura de Chantada.
Foto Concello de Chantada.

Dende o 19 de xullo estivo exposta na Casa da Cultura de Chantada a mostra «Compromiso na distancia» sobre a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022.
Un total de 15 paneis explicativos serviron para recoñecer as aportacións deste poeta ourensán, así como as principais etapas vitais deste creador, dende as terras valdeorresas ás que canta nos seus versos como as mexicanas que lle deron acollida.
A mostra itinerante arrancou en Santiago en maio, e fará etapa en O Barco e Lugo, entre outras nove localidades galegas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita a sinalización e mellora do acceso ao dolmen da Leira Rapada

Seguinte Nova

Os obxectivos dos socialistas de Lugo son consolidar e gañar alcaldías, e manter a Deputación

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: