Galicia celebrou o 25 de xullo con ofrendas e manifestación

Galicia celebrou o pasado día 25 de Xullo o seu día grande. E como terra chea de contrastes que é, fíxoo de todolos xeitos posibles, algúns dos cales, un tanto contraditorios.
Mentres que os Reis de España e as súas fillas a Princesa de Asturias e a Infanta dona Sofía, acompañados polo Presidente da Xunta Alfonso Rueda, asistían á Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago e á Santa Misa na Catedral de Santiago de Compostela miles de persoas participaban na manifestación convocada polo BNG con ocasión do dïa da Patria Galega, para terminar na Praza da Quintana, coa inervención da súa portavoz nacional Ana Pontón, na que deixaba clara a súa postura frente á monarquía “Nós non rendemos pleitesía á Monarquía”, que ademais denunciou a “impunidade dunha Casa Real corrupta”, ante unha audiencia entregada na que se podía escoitar, entre outras proclamas, o consabido Galicia non ten rei.
Ademais, Alfonso Rueda, tivo tempo participar na Ofrenda floral á Rosalía de Castro na igrexa de Santo Domingo de Bonaval.
E pola súa banda, os socialistas galegos, encabezados polo seu secretario xeral Valentín Formoso, levaron a cabo a súa tradicional homenaxe a Castelao en Rianxo.

FESTAS NO MALVARÓN
E aínda por riba, en Monforte os veciños do Malvarón decidiron recuperar as súas tradicionais Festas en honra a Santiago. O devandito, Galicia celebrouno ao grande e variado.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentación do libro «Achegas á simboloxía do Románico da Ulloa», de Xosé Lois García

Seguinte Nova

Un total de 23 artesáns participarán en Monforte na 22ª edición de ArteLemos

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss